Bisbarra, 20 de decembro do 2024 – Unha procura simple en Lindeiros desvela que os problemas de falta de persoal sanitario en xeral veñen de lonxe, a falta de pediatras en particular volve agora a tomar protagonismo na Baña e Ames.

Esta semana o goberno municipal da Baña e o BNG de Ames enviaban comunicados reclamando pediatras. Na Baña este xoves non apareceu e o alcalde, o socialista José Antonio Pereira, volveu mandarlle unha carta ao xerente da área sanitaria de Santiago, Ángel Facio, reclamando que o servizo se manteña, polo menos, 2 días a semana.

Dende o Concello denuncian o prexuízo que supón para as familias da Baña que os pediatras non acuda á consulta os días estipulados, como ocorreu este xoves “Isto supón un trastorno para as familias que se ven obrigadas a desprazarse ata o servizo de urxencias de Santiago para que atendan aos seus fillos e fillas”, conclúe o alcalde na súa misiva ao xerente.
Tapar ocos non soluciona
As explicacións que da o alcalde da Baña non fan más que enredar o asunto, e non pola súa culpa. Pereira elevou a protesta ao SERGAS porque segundo dixo “a pediatra non acudiu a súa consulta no centro de saúde da Baña nin está traballando na Picota. Parece ser que no día e hoxe está traballando en Bertamiráns”.
Consecuencias: urxencias e PAC saturados
A situación de falta de pediatras na Baña leva a que as urxencias de mañá no CHUS reciban máis nenos, e pola tarde?. O BNG de Ames denuncia a falta de pediatras pola tarde en Bertamiráns, xa o fixeron en agosto e o problema continúa polo que as familias acaban no PAC.
Di o BNG que “Nun concello como o de Ames, cualificado como a única reserva demográfica galega, as familias enfróntanse a unha situación insoportable: de luns a venres polas tardes, en horario de consulta son derivadas ao servizo de PAC onde son atendidas por un médico de familia pola falta de pediatras”.
Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames, considera que é unha estratexia da Consellería de Sanidade para favorecer á sanidade privade e declara que non lle interesa solucionalo “ Se quixesen facelo, tiveron anos de sobra para adoptar as medidas necesarias e non seguir escusándose na falta de médicos, pero claro, hai que querer facelo”.
O único obxectivo é que faltan profesionais, pediatras pero tamén en moitas áreas. Xa sexa porque os que rematan marchan a lugares mellor pagados ou porque marcharon antes polo baleirado anos atrás da sanidade pública, as situación hoxe é preocupante.
O segundo dato obxectivo é que as mutuas privadas non o van a solucionar, en canto o problema médico sexa grave a recomendación será volver á publica que é quen ten os medios. A piques de rematar o ano non sabemos moi ben que pasará no 2025.
