A Baña. 1 de xullo do 2019 – O pleno de A Baña deixa unha conta atrás ata o día 15 para que os grupos decidan organizarse trás demostrar, todos os grupos, que ata o momento non foron capaces.
Psoe e Compromiso por Galicia deixaron ver que, ata o momento, organizarse é difícil ata para quedar. O mércores pasado reuníanse nun encontro que os socialistas consideraron que era para consensuar asuntos e CxG só para informar. Compromiso decidía ter a asemblea coas bases o venres a última hora polo que, sendo o pleno o sábado, non quedaba marxe para máis reunións.
E o PP? o ex alcalde García Cardeso atópase nunha situación inédita para el. A preocupación principal era conseguir máis comisións e marcar cantas veces se reunirían.Non lle gustou nada a proposta de que a comisión de contas, a única obrigatoria, tivera tan só un representante por grupo, cun voto ponderado equivalente a representación no pleno, Cardeso dicía que “non se trata de que un decida por todos os concelleiros do partido” o que, mirando ao sucedido nos últimos anos resultaba sorprendente.
Todo por decidir
As propostas quedaban enriba da mesa tras debates baleiros que só servían para marcar posturas. A xunta de portavoces, os representantes en órganos colexiados, e os gastos de representación foron retirados da orde do día polo alcalde ante a falta de acordo. Antes do día 15 terán que decidir que formato terá a comisión de contas xa que é obrigatoria o que anticipa un pleno no que con toda probabilidade volverán os temas non resoltos.
A proposta de alcaldía de plenos cada dous meses atopouse coa memoria. Compromiso lembroulle ao Psoe que no 2015 eran os primeiros en pedir plenos mensuais. O PP, moi pouco interesado na transparencia mentres gobernou, viu con bos ollos un pleno ao mes polo que a proposta acabou por ser modificada e conseguiuse aprobar esa periodicidade. Os últimos mércores de cada mes as oito da tarde serán as datas e horas das sesións.
Xunta de goberno
A Xunta de goberno local proposta foi rexeitada na votación pola oposición. O PP decidiu non apoiala mentres que non se soubera a súa periodicidade e Compromiso por Galicia considerou que debía de estar constituída por membros de tódolos grupos ou incluso que desaparecera es as competencias foran delegadas no alcalde e no pleno.
Os soldos tampouco gustaron
Tamén quedou enriba da mesa a proposta de dedicacións. O alcalde levou un reparto que lle asigna 37.000 euros brutos, 4.000 menos que o viña cobrando Cardeso, e sube a dedicación parcial que existía de 12.000 a 17.000 euros aínda que o número de horas tamén aumenta polo que en xeral a diferenza sería mínima.
Compromiso por Galicia explicou que si hay catro anos o Psoe dicía que os soldos eran excesivos agora non pode presentar unha proposta similar. O argumento, según eles, para decidir o soldo é valorar o que cobraba na súa faceta como profesional o que vai ser alcalde e aumentar un 5% ou un 7% pola responsabilidade. Un argumento cando menos curioso xa que equivale, de levarse á práctica, que por exemplo un médico que quixera ser alcalde tería que cobrar moito máis que, por exemplo, un conserxe que ocupara o mesmo posto.
Gastos de representación
A proposta de gastos de representación (75 euros por asistencias a plenos, comisións e algúns órganos colexiados) quedou tamén sobre a mesa. O PP sinalou que había órganos que non estaban contemplados e que non pagaban dietas, e CxG, aínda que veu aceptable os 75 euros, esixiu unha maior fiscalización e control e deixar o punto sobre a mesa como finalmente sucedeu.
Todo o pleno pode verse no seguinte vídeo