Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

A Alba de Gloria volve ao Pico Sacro

alba-de-gloria-no-pico-sacro-slide-17-xullo-2024

Bisbarra, 17 de xullo do 2024 – O vindeiro sábado, ás doce do mediodía, a AC. O Galo de Santiago e a AC. Vagalumes da Estrada, como membros da Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura”, celebran a lectura do Alba de Gloria de Castelao no cumio do Pico Sacro.

Coa lectura da Alba de Gloria lémbrase a subida ao Pico Sacro de Castelao e un grupo de amigos da Estrada no 1924, cando na ditadura de Primo de Rivera estaba prohibida calquera actividade cultural e política nacionalista.

Alba de Gloria está considerado como un dos máis fermosos textos da literatura galega e o Castelao escribiuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires, e recolle a súa lembranza ás xeracións anteriores que ergueron a nosa identidade e esperanza ao longo da nosa historia e representa un canto a resiliencia do noso país nun momento moi crítico polo contexto da ditadura franquista.

Os actos comezarán coa benvida aos asistentes e intervención de Felipe Senén, Secretario da Real Academia Galega de Belas Artes e exdirector do Museo Arqueolóxico da Coruña, para logo levar a cabo a subida ao último treito do cumio do Pico Sacro, para ler o Alba de Gloria de Castelao.

As AC. Vagalumes e AC. O Galo, lerán Alba de Gloria, sendo este ano a asociación invitada a lela xunto con elas a AC Lucenza-Ateneo de Nigrán”.

Logo de xantar levarase a cabo un roteiro pola Terras da Ulla polo concello de Teo.

Post navigation

Previous: Investigadores da USC alertan do risco de perda de especies de flora, únicas no mundo, por culpa do proxecto de Altri en Palas
Next: Dodro aproba o V Plan de Igualdade 2024 2027

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.