Compostela, 11 de abril do 2019 – Os cambios propostos por Compostela Aberta, e apoiados no pleno polo BNG, para a finca de Peleteiro no Ensanche de Compostela foron rexeitados polas abstencións de Psoe e PP.
Antes do debate Paula do colectivo En rede, en representación de colectivos veciñais e asociativos, e Delmiro Prieto, en representación do comercio, insistiron na necesidade e urxencia de esta reforma e pediron aos responsables políticos que pensaran na cidade e non no momento actual. Precisamente Prieto definía o proxecto como clave para o Ensanche e para Santiago
Abstencións
O Psoe comezou baseando a súa oposición a unha suposta inseguridade xurídica. Martiño cortou esa idea interpelando ao secretario, como asesor xurídico do pleno, quen informou que a tramitación era correcta e que, en todo caso, restaba un período de alegacións e antes da aprobación definitiva tería que pasar tamén pola Xunta de Galicia polo que poderíanse facer cambios si fosen necesarios. Na seguinte quenda aludiu de novo o Psoe a falta de definición de moitos aspectos do proxecto como por exemplo a titularidade dos aparcamentos.
Unha liña parecida seguiu o PP que aludiu a falta de diálogo cos veciños e cos grupos da oposición. Tamén insistiu en distintas cuestións que non quedaban claras como os cambios nas plusvalías do proxecto.
Desde o goberno municipal insistiuse en que se trataba dun proxecto de partida que podería reformarse e que fora consensuado coa veciñanza e co tecido asociativo e comercial da zona.
Acusacións do alcalde
O alcalde, Martiño Noriega, fixo uso da súa quenda para preguntar en voz alta porque Psoe e PP querían deixar enriba da mesa o proxecto dicindo que eles “non poñían o raposo a coidar das galiñas”
O proxecto precisaba de maioría absoluta para saír adiante polo que os votos a favor de Compostela Aberta e BNG non foron suficientes fronte as abstencións de Psoe e PP e a reforma quedou rexeitada.