Ordes, 23 de xuño do 2021 – A sección primeira da Audiencia Provincial de A Coruña absolveu a Manolo Regos do delito continuado de prevaricación.
Como contamos no seu día Regos foi acusado por autorizar certas licencias a locais de ocio. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñece fallos na tramitación pero non considera que entren dentro do delito de prevaricación.
A sentencia recoñece que os expedientes protagonistas do caso, cambios de licencia e concesión de outras novas, teñen desaxustes na numeración dos folios, cambios de anualidade, ou falta de seguimento dun orde temporal.
O Tribunal absolve a Regos porque, según explica, non hai un acordo cos empresarios de hostalería o que si sería prevaricación e incluso algunhas da licencias foron denegadas. A sentenza recolle que entre 2009 e 2012 moitos locais nocturnos pediron cambios de licencia co fin de ter un mellor horario pero non se acredita que Regos dera un trato de favor a ningunha de estas peticións.
Fin dunha etapa
A marcha de Manolo Regos como concelleiro, a disolución de UxO e agora a absolución da acusación de prevaricación marcan o fin dunha etapa política en Ordes.
Manolo Regos, graduado social pola USC, traballaba no Centro de Saúde de Ordes desde o ano 1991. Antes, en 1987, formara parte da candidatura de Coalición Progresista Galega, dous anos despois pasou ao PP onde estivo como independente ata 1995. Ata o 1999 integrouse en Democracia Galego para volver co fin do século ao Partido Popular.
É no ano 2003 cando funda o seu propio partido, Unión por Ordes. No ano 2007 é elixido alcalde, cargo que repite no 2011 como partido máis votado.
No ano 2015 o Partido Popular gaña as eleccións por tan só sete votos, pasando Regos á oposición. Nos últimos comicios do 2019 Uxo cae á metade quedando cos mesmos concelleiros que o BNG, tres, pero con douscentos votos menos e sendo o terceiro partido da corporación.
Manuel Regos anunciou o seu abandono da política e non chegou a recoller a acta de concelleiro. O único que quedaba aberto do seu paso pola política municipal era o xuízo que ven de rematar coa súa absolución.