Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

8º edición do Ateneo Barroco

Presentación da oitava edición do Festival Ateneo Barroco

Compostela, 20/06/2026 – O Ateneo de Santiago presentou a oitava edición do Festival Ateneo Barroco, que se desenvolverá entre o 6 e o 20 de outubro en diferentes espazos da cidade. Durante a presentación participaron o presidente do Ateneo, Francisco Candela; o director do festival, Víctor Carou, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil.

A programación do Ateneo Barroco inclúe seis concertos de abono, ademais de actividades complementarias como conferencias, club de lectura, cinema, sesións de improvisación e encontros cos artistas, que se irán dando a coñecer nas vindeiras semanas.

Nesta oitava edición, o festival continúa o proxecto bianual iniciado en 2025 baixo o título Instrumental, centrado no papel dos instrumentos na música antiga e barroca. A proposta permitirá achegarse a instrumentos pouco habituais nos concertos actuais, como o quintón, o colascione, a arpa italiana de tres rexistros, a viola de roda, a zanfona, o fagot barroco, o clavecín ou a familia das violas da gamba.

O presidente do Ateneo salientou que o festival “non se limita a definir unha programación de concertos”, senón que busca ofrecer “máis contido e máis profundidade” a través dun conxunto de actividades arredor dos repertorios, intérpretes, estilos e instrumentos.

Candela destacou tamén a vontade de manter a accesibilidade do festival, con abonos de 35 euros para os seis concertos e de 25 euros para menores de 30 anos, ademais dun concerto adicional gratuíto na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.

A programación abrirase o martes 6 de outubro, ás 20.00 horas, na Igrexa da Universidade, co regreso de Lina Tur Bonet, que presentará Bach, partita, sonata. O violín do gran mestre, un programa dedicado ás sonatas e partitas para violín só de Johann Sebastian Bach, xunto a obras de Heinrich Ignaz Franz von Biber e Nicola Matteis.

Ao día seguinte, mércores 7, ás 20.00 horas, o Teatro Principal acollerá A nova música. O nacemento da ópera, unha proposta encargada polo festival a Ars Atlántica, con Manuel Vilas á dirección e á arpa italiana de tres rexistros, e coa soprano portuguesa Raquel Mendes.

O venres 9 de outubro, tamén no Teatro Principal, Resonet presentará en primicia Os alegres días de Nápoles, proxecto liderado por Mercedes Hernández e Fernando Reyes tras un longo período de investigación.

O programa terá como eixo a música nos tempos de Pedro Fernández de Castro, vicerrei de Nápoles e sétimo Conde de Lemos, e contará coa participación de Mercedes Hernández, David Sagastume, Christian Losada, Paulo González, Rogerio Gonçalves e Fernando Reyes.

O martes 13, no Salón Teatro, será a quenda de Arc & Volta, o proxecto de Xurxo Romaní e Anna Casademunt, que presentará Chorea Secundum Galliam, arredor da música cortesá francesa do século XVIII para viola de roda e viola de gamba.

A recta final do festival chegará o venres 16 de outubro, ás 20.30 horas, no Paraninfo da Universidade, co debut en Galicia do clavecinista francés Bertrand Cuiller, que ofrecerá Ceo e terra, unha viaxe dos virxinalistas ingleses William Byrd e John Bull ás sonatas de Domenico Scarlatti.

A clausura terá lugar o martes 20 de outubro, ás 20.00 horas, no Salón Teatro, con Accademia del Piacere e Fahmi Alqhai, que presentarán In dulci jubilo. Bach, a ineludible recreación, unha revisitación dos corais de Johann Sebastian Bach a través das violas da gamba, o quintón e o órgano.

Durante a presentación, Víctor Carou subliñou o compromiso do festival coa presenza de mulleres creadoras, intérpretes, artistas e investigadoras, así como coa participación de músicos galegos especializados nas músicas antigas, en diálogo con artistas de prestixio nacional e internacional.

Pola súa banda, Jacobo Sutil puxo en valor a calidade da programación, a presenza de intérpretes galegos e o carácter singular dunha iniciativa privada impulsada polo Ateneo de Santiago, que conta co apoio de distintas administracións e entidades. O director de Agadic destacou tamén que se trata dunha proposta “de primeira orde” para Santiago, para Galicia e para o conxunto dos amantes da música antiga do noroeste peninsular e do norte de Portugal.

Post navigation

Previous: “Castelao Insólito”, celebrando o centenario de “Cousas”
Next: II Encontro Internacional de Soundpainting Compostela

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.