Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O 8M lembrou ás mulleres da bisbarra

Moitos dos concellos incluíron, un ano máis, premios que recoñecen a labor de veciñas nos distintos municipios

homenaxes 8m slide

Lindeiros, 10/03/2026 . Hai xa tempo que en moitos concellos as celebracións do 8M implican homenaxes a distintas mulleres. Poñer cara e historia á loita feminista, á defensa da igualdade real, e o mellor xeito de avanzar.

Compostela

Compostela celebrou a gala este luns no Teatro Principal, as galardoadas foron As Fillas Bravas de Momán (as actrices Patricia de Lorenzo González, Mónica García Pérez e Arantza González Villar); a foniatra Clotilde Rodríguez Martul; a divulgadora Merche Espiño; a economista María Loureiro; a comerciante Luisa Ríos; a inspectora principal de Policía Local Diana Parente; a avogada Isabel Castillo e a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, comezou o seu discurso apuntando á “importancia de nomear, de visibilizar, de coñecer, de afondar nas orixes das cousas”. Sanmartín engadiu que “Isabel, Mercedes, Diana, Clotilde, María, Luisa, Pilar, Patricia, Mónica e Arantza, son 10 mulleres para este 8 de marzo que petan nas nosas conciencias, serven de necesarios referentes e son campioas do saber facer”

Padrón

Padrón tamén reafirmou o “compromiso firme e innegociable coa igualdade real e efectiva” durante o acto institucional do Día Internacional da Muller. Oito mulleres foron as protagonistas da gala de conmemoración do 8M, ás  a que este año se lles entregou o recoñecemento Rumorosas 2026: Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León.

Nun acto conducido pola artista Sheila Patricia, nestas oito mulleres o Concello quere visibilizar e recoñecer este ano o papel fundamental de mulleres que, co seu esforzo diario e a súa excelencia profesional e humana, foron e son pezas clave no motor social e económico de Padrón.

Ames

Ames presentou o documental 8M A Voces no que pretende ser un exercicio colectivo de escoita e recoñecemento, dando visibilidade á diversidade de realidades cotiás e fortalecendo o compromiso co Concello de Ames coa igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Diana Parente, Laura Rozas, Cristina Álvarez, Concha Sabucedo, Mari Viaño, Cheli Marín, Cristina Sánchez, Tabita Rodríguez e Merlita Álvarez, todas elas veciñas de Ames, son as protagonistas do documental 8M A Voces, no que estas 9 mulleres comparten reflexións arredor da igualdade. Dito documental estreouse esta mañá no acto central de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Igualdade.

Noia

Noia inaugurou oficialmente a Praza das Mariscadoras, situada ao inicio do Paseo Marítimo de Noia, un espazo que hai décadas foi escenario da intensa actividade das mulleres do mar. Un acto no que participaron mariscadoras históricas da vila, integrantes de anteriores directivas da Agrupación de Mariscadoras de A Pé e representantes da actual.

No transcurso da inauguración colocouse unha placa conmemorativa que oficializa a nova denominación da praza.  O concello tamén oficializou o cambio de nome do Museo do Mar de Noia, que pasa a denominarse Museo do Mar “Carmen Barcia”, en homenaxe a esta histórica armadora da vila. O acto contou coa presenza da familia da homenaxeada e serviu para poñer en valor a súa traxectoria e o seu papel no desenvolvemento da actividade marítima local.

Lousame

Lousame realizou unha homenaxe no que o protagonismo o tiveron as voluntarias europeas que este ano están no concello.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares, dixo que “Hoxe imos facer unha mesa redonda que case ningún concello en Galicia pode facer. Non polas voluntarias que temos sénior e xuvenís, senón tamén porque somos un dos dous únicos municipios con voluntariado europeo e hoxe temos aquí representados a Armenia e Bulgaria, que aportarán un punto de vista diferente dende outro país e nos permitirán a todos sacar as nosas conclusións a través das súas vivencias”

No acto participaron:

– Ogsanna Yeritsyan (Armenia) e Zhenya Yordanova (Bulgaria), como

voluntarias europeas (toda vez que Anna Uvarova non puido participar por

motivos de saúde)

– Lorena García, Nerea Carnota e Carolina Castro, como representante do

voluntariado xuvenil de Lousame.

– Flora Batalla, Maribel González, Soledad Souto, María Luísa Pazos e

Rosario Torrado, como integrantes do voluntariado Sénior.

– E Silvia Agrafojo, concelleira de Igualdade, quen interveu como tradutora de

inglés para Ogsanna e Zhenya, quen prepararon as súas intervencións en

español pero tiñan dificultades á hora de responder ás preguntas.

USC

Pola súa banda a Universidade de Santiago de Compostela celebrou tamén un acto de recoñecemento á muller. Faino horas pouco antes de que a institución teña a primeira reitora en cinco centos anos de historia.

Este ano a USC recoñeceu o traballo do Arquivo Histórico Universitario pola súa contribución á igualdade de xénero na USC, que recolleu a súa directora do Arquivo, Desirée Domínguez Pallas, quen ademais pronunciou a conferencia ‘O fío invisible: tecendo a igualdade a través dos arquivos’. Nela puxo de relevo o traballo do colectivo de profesionais que traballan nos arquivos, “buscando sempre un enfoque feminista”, e fixo un percorrido polos anos de historia do arquivo que dirixe.

Un 8M que pese ao paso dos anos segue sendo necesario por múltiples motivos e en moitos espazos da sociedade, por non dicir todos. Lembremos que o 8M é os 365 días do ano.

A Pobra
Melide
Dodro

Post navigation

Previous: Frades e Xunta de Galicia mellorarán o centro de saúde de Ponte Carreira
Next: Convenio de colaboración entre o Culturgal e a Deputación da Coruña

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.