Ames, 3 de xaneiro do 2017 (fonte asociacións de comerciantes) – As asociacións de comerciantes do Concello de Ames presentamos formalmente unha queixa pola programación que comunicou o Concello, eliminando a cabalgata de reis, que sempre percorreron as rúas de Milladoiro e Bertamiráns, por unha actividade nos polideportivos.
Escrito por rexistro
Con este motivo as asociacións presentaron un escrito no rexistro do concello sendo a primeira vez que os colectivos de comerciantes de Ames realizan conxuntamente unha comunicación en conxunto.
Cremos que existe no goberno de Ames unha falta de dialogo cos actores sociais e o que é mais desconcertante demostran unha falta de dialogo e coordinación entre as distintas concellerías. (xa reflectida fai menos dun mes cando quixeron cambiar a paradas de taxis no Milladoiro, medida que rectificaron logo dunha reunión con comerciantes, veciños e toda a oposición co Alcalde)
Asinan a queixa
AEMI (Asociación de empresarios Milladoiro)
ACB (Asociación Comerciantes de Bertamirans)
Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira, Bulebar
Asociación Praza dá Maía, Centro Comercial Aberto (en formación)