Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Melide conmemora o 8M

melide 8m NORMAL SLIDE 7 MARZO 025

Obradoiros, teatro ou deporte enchen o programa de actividades que durará ata o día 27 de marzo.

O Concello de Melide comeza a conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, coa lectura do manifesto hoxe venres, as doce do mediodía, diante do concello.

O texto reivindica unha serie de valores como a loita pola igualdade en todos os ámbitos, caso do laboral ou o doméstico, e a repulsa pola violencia de xénero en todas as súas expresións. Tamén será un momento de recoñecemento das mulleres que no día a día loitan pola igualdade de dereitos e oportunidades.

O vindeiro domingo 9 celebrarase o I Encontro Mulleres Bocelo-Melide 10K, unha proba deportiva onde as participantes poden anotarse para andar ou para correr. A través dun espazo natural privilexiado e ao longo dunha ruta que atravesa a comarca.

As inscricións están abertas no departamento de Deportes municipal ou no teléfono 639 82 13 71. A actividade está organizada pola AD Cerne, e conta coa colaboración do Concello de Melide.

Unha parte substancial das actividades vai dirixida á formación. Ata o 13 de marzo, o Centro Social acollerá o obradoiro Raíces. Trátase dunha actividade para o desenvolvemento da autoestima e a construción de redes de apoio e empoderamento grupal para mulleres.

As prazas son limitadas, polo que a inscrición debe levarse a cabo canto antes no Centro Social ou no teléfono 981 50 57 06. O obradoiro desenvolverase en horario de tarde, con comezo ás 17.30h.

O IES de Melide acollerá o seu propio obradoiro de formación, neste caso dirixido á mocidade. A través da actividade “PorNo(n) Educar”, o alumnado recibirá un obradoiro de educación sexual que fuxa dos roles de xénero e o discurso machista que impregna a pornografía, e promova unha visión da sexualidade igualitaria. O obradoiro desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo.

O resto de actividades do 8M botan man da cultura. Por unha banda, o mércores 12 de marzo terá lugar a función “A igualdade non ten truco” de Magia en la Manga para o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos de educación primaria de Melide.

Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, este espectáculo máxico a prol da igualdade de xénero utiliza o ilusionismo e as vivencias das mulleres magas para transmitir unha mensaxe esencial.

O martes 18, a escola infantil municipal acollerá a función de teatro infantil “Zapatos”. Este amplo programa municipal, diverso e orientado aos distintos segmentos de idade, pretende poñer de manifesto e complementar o labor que dende o Concello se leva a cabo de forma transversal a prol dunha sociedade de dereitos e oportunidades para todas as persoas.

Post navigation

Previous: Negreira concede o Premio 8M á científica Olga Barca
Next: A Baña homenaxea a Elena López no 8M

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.