Teo, 17 de decembro do 2021 – A Campaña de apoio aos comercios e a hostalaría local de Teo repartirá este Nadal máis de 6.000 euros en vales de 50 euros.
Un total de 70 establecementos participan nesta iniciativa que permitirá premiar aos consumidores e aos locais xa que o premio hai que gastalo nalgún dos comercios adheridos.
Os comercios participantes entregarán cupóns de rasca e gaña por compras iguais ou superiores a 10 euros ata un máximo de 5 cupóns por compra. Os cupóns terán un apartado no que a clientela deberá rascar para ver se é gañadora dun dos vales premidados con 50 euros. Os cupóns comezaron a entregarse xa dende o pasado venres.
Entre todos os vales entregados inclúense 128 unidades que conteñen un premio de 50 euros cada unha.
Os vales premiados poderán ser usados dende o momento que o conseguen ata o 31 de xaneiro de 2022, realizando unha única compra nun dos locais participantes na campaña. A contía do vale non poderá ser dividida para gastar en diferentes compras.
María López, concelleira de Desenvolvemento Local, destaca “a importancia de apoiar a un sector coma o comercio e a hostalaría local”. Ademais o consumo local “é o máis sostible e respetuoso ademais de ser coresponsable tamén co propio sector produtivo máis próximo”.
Establecementos adheridos
Os comercios adheridos supoñen unha ampla oferta que vai dende locais de alimentación, como carnicerías, panaderías ou froiterías, ata tendas de artigos e produtos do fogar, florarías, enmarcación e venda de arte, librería, mercerías, ópticas, salóns de peiteado e estética, servizos para o fogar, xardinaría e produtos agrícolas, ximnasios ou mesmo gasolineiras.
Nesta edición da campaña 2021 tamén participan servizos de aloxamento e locais de restauración. Unha ampla oferta comercial na que facer as compras habituais e moitos dos agasallos deste Nadal.
A relación completa de comercios adheridos pódese consultar premendo aquí