займ срочно

A Mancomunidade de Ordes aproba uns orzamentos de máis de 1.242.000 €

0

A mancomunidade de Ordes Increménta nun 18% os orzamentos con respecto aos do pasado exercicio en base á mellora, ampliación e creación de novos servizos sociais.

Imaxe do pleno da Mancomunidade de OrdesOrdes, 9 de novembro do 2016. A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou os seus orzamentos para o ano vixente. Así se acordou por unanimidade no pleno que tivo lugar onte e ao que asistiron os sete alcaldes de cada un dos municipios que conforman o ente supramunicipal (Ordes, Mesía, Trazo, Frades, Tordoia, Oroso e Cerceda).

As contas sinalan un total de 1.242.553 €, o que se traduce nun incremento do 18% con respecto aos do ano pasado. A dita contía responde á prestación e mellora de servizos relacionados coas axudas a domicilio, co programa de condutas aditivas e drogodependencias e coa ampliación do servizo de Atención Temperá.

Analizado por capítulos a maior taxa de ingresos responde á achegada pola Xunta de Galicia (58,52%), superando os 727.000 €. A continuación está a dos concellos mancomunados (21,87%) e a Deputación da Coruña (14,29%), que en termos onerosos supoñen 271.800 e 177.522 € respectivamente. Por último as taxas, prezos públicos e outros ingresos (5,32%) achegan algo máis de 66.000 €.

     No apartado dos gastos o 49,28% corresponden a gastos correntes en bens e servizos, o 49% son destinados ao persoal, o 1% a transferencias correntes e o 0,7% a gastos financeiros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies