займ срочно

56 organizacións reclaman a restauración da mina de Touro

0

Touro, 15 de novembro do 2021 – 56 colectivos reuníronse esta fin de semana na illa de Arousa para reclamar que se cumpra a lei e a mina de Touro sexa restaurada.

Os distintos colectivos denuncian que nada se fixo nos últimos anos e as actuación anunciadas non se levaron a cabo. Alertan ao mesmo tempo de que o plan de drenaxes presentado ante a Xunta agocha a intención de reabrir a mina.

Na reunión púxose de manifesto que nos tres últimos anos “augas contaminadas continuaron alcanzando o dominio público hidráuco (DPH) como viñan facendo nos 30 anos anteriores. As actuacións que cita a empresa como realizadas nos últimos 3 anos son actuacións sobre o papel, que nunca se levaron a cabo na realidade, non tendo, por tanto, ninguna consecuencia sobre o medio ambiente”.

As asociacións piden que se modifique “o sistema de xestión das augas (incorporar os efluentes de Angumil, Portapego e Felisa ao oco de Vieiro) e garantir a supresión das saídas de auga desde a zona de Arinteiro”. Denuncian tamén que “O proxecto presentado por EXGA excede con moito o ámbito do procedemento de Autorización en DPH baixo o que se pretende tramitar. Pero tamén excede o procedemento de Autorización de vertidos, xa que Augas de Galicia non pode asumir as funcións propias do órgano sustantivo mineiro (CEEI)”.

Explican tamén que ao estar pechada a mina os proxectos deben ter un plan de restauración que inclúa un plano de xestión de residuos.  Destacan ademais que a Declaración de Impacto Ambiental denegouse, en xaneiro do 2020, por non considerar suficientes as solucións propostas, as mesmas que se presentan agora de novo.

As asociacións reclaman que o proxecto de drenaxe integral que se presente conleve un plano de restauración. O obxectivo ten que ser, engaden, “asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies