Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda

43 anos de Festa da Empanada en Bandeira

EMPANADA 2017

Table of Contents

Toggle
  • Silleda, 19 de agosto do 2017 –  A  localidade da Bandeira, en Silleda, celebra hoxe o seu día grande do Verán, coa Festa da empanada como protagonista.
    • O luns día 21 será xornada de festivo local no municipio de Silleda.

Silleda, 19 de agosto do 2017 –  A  localidade da Bandeira, en Silleda, celebra hoxe o seu día grande do Verán, coa Festa da empanada como protagonista.

A 43 edición da Festa da Empanada arrancará co pasarrúas da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira. Ás 13:15 haberá misa cantada na honra da Virxe das Ermidas, previa á actuación da citada banda.

A  celebración gastronómica dará comezo ás 18:00 horas, unha vez que xa estén todas as empanadas presentadas a concurso. A actuación do grupo Xirandola animará a xornada na carballeira, onde o xurado elixirá as pezas gañadoras nas categorías de profesionais e amas de casa.

A cita, organizada dende a Asociación de Amigos da Empanada recupera de novo a poxa das pezas ganadoras, logo dun ano sen celebrarse. O evento será presentado pola actriz e xornalista Fátima Mella. Ás 20:00 horas está previsto o pregón a cargo da actriz veciña da Bandeira Cristina Collazo, que promete sorprender cunha orixinal proposta. Unha vez coñecidos os premios ás empanadas máis sabedeiras procederase a subastar as pezas entre o público.

A cea das peñas, animada pola charanga Chourizo Criollo, prolongará a velada que continuará coa verbena na rúa Xeral a cargo das orquestras Fin de Siglo e Costa Oeste.

A Bandeira remata o programa festivo mañá domingo día 20, co Open de Petanca “Suso Otero”, e o concerto matutino a cargo das Bandas Municipal de Silleda e Artística de Merza, que seguirá á misa cantada polo Coro Vales Maía e a posterior procesión.

Pola tarde haberá un obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais de madeira para as familias (ás 18:00 horas na rúa Xeral) e o fin de festa estará protagonizado polas bandas de música de Silleda, Bandeira e Merza.

O luns día 21 será xornada de festivo local no municipio de Silleda.

Dende o Concello reitérase, unha mes máis, a prohibición de estacionar dende hoxe e ata a madrugada do luns en todo o desvío da nacional e apélase á colaboración da cidadanía para o correcto desenvolvemento das festas.

Post navigation

Previous: No Feito a Man segunda oportunidade para ver a Haema e Andrea & The Black Cats e coñecer a Néboa
Next: Teo lembra un ano máis a Anxel Casal e Avelino Pousa Antelo

Máis novas

silleda achado arqueoloxico slide 30 setembro 2026
5 minutes read
  • Xeral

Silleda descobre unha necrópole medieval na praza da Igrexa

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel do certae música a fartar en Bandeira, Silleda
2 minutes read
  • Xeral

 “Música a fartar” na vila da Bandeira

Presentación da edición trinta e seis da Romaría da Rapazada en Silleda
5 minutes read
  • Xeral

36ª Romaría da Rapazada

Presentación da ruta de clásicos que partirá de Silleda
3 minutes read
  • Xeral

XVIII Ruta Turística A Lanzada, de vehículos clásicos,

silleda vandalismo carboeiro 7 abril 2026 (1)
3 minutes read
  • Silleda

Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

LUIS PENIDO PREMIO EUROPEO 6 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Compostela

O Consejo Superior de Deportes recoñece a Luís Penido e Christian Costoya como deportistas de alto nivel

silleda entroido 2026
4 minutes read
  • Axenda

A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.