Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela

40 cursos en once localidades na Universidade de Verán da USC

usc-universidade-de-veran-slide-15-maio-2019_r

Compostela, 15 de maio do 2019 –  A Universidade de Verán da USC ofertará este ano un total de 40 cursos en once localidades galegas, entre elas Santiago e Lugo, que foron presentados onte no salón reitoral de San Xerome.

A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e o director da Área de Cultura, Pablo Sampedro foron os encargados de presentar os cursos de verán. A vicerreitora salientou a iniciativa como “unha aposta consolidada da USC dentro da súa programación cultural” e como un exemplo de cooperación interinstitucional a través da implicación das deputacións da Coruña e Lugo e dos concellos nos que se desenvolverán os distintos cursos que se celebran fóra de Santiago ou a cidade das murallas romanas.

Pablo Sampedro subliñou a vocación de extensión universitaria da programación na medida en que “leva a universidade fóra das súas fronteiras naturais” a un público o máis amplo posible.

O prazo de matrícula ábrese hoxe tanto para a modalidade en liña como para a presencial ou telefónica e permanecerá aberto ata dez días antes do inicio do propio curso. Contémplanse dúas taxas xerais -de 120 euros para os cursos de 25 ou máis horas e de 70 euros para o resto- e outra de carácter reducido (de 70 ou 40€, en función da carga docente) para alumnado universitario, de bacharelato ou de FP, así como para pensionistas, desempregados/as, socios da Asociación Alumni USC, PAS e PDI da USC. Como lembrou o director da Área de Cultura da USC, a Universidade compostelá mantén un ano máis os prezos conxelados.

O maior número de cursos –que contan co apoio das Deputacións da Coruña e Lugo- concéntranse en Compostela e Lugo, con 23 e 8 respectivamente. Matemáticas a través da arte, a Axenda 2030, adicións químicas e psicolóxicas, o medio ambiente, turismo científico, bioarqueoloxía, empoderamento das mulleres nos medios, bioimpresión 3D, economía e saúde, SIX, morte digna, familia e infancia, sustentabilidade do sector agroalimentario, cambio climático ou material forestal no mundo da moda son algúns dos temas da oferta do Campus de Santiago.

En Lugo, os cursos tratarán diversas temáticas como a pegada humana, introdución ás opcións procesuais, o ensino, os bosques antigos, as plantas medicinais, casas niño no rural ou patrimonio natural e biodiversidade. Outras localidades ás que chegará este ano a Universidade de Verán da USC 2019 son Allariz, Ares, Lalín, Láncara, Meis, Oia, Rianxo, Ribeira e Sada para analizar temas como a conservación da natureza en Ferrolterra, feminismo, retos da atención ás demencias, os viños galegos, oncoloxía integrativa, a relación coa lusofonía, violencia de xénero e o Pazo de Meirás.

As persoas inscritas nun curso de verán recibirán, sempre que asistan ao 80% das horas lectivas, un diploma acreditativo da súa participación e créditos ECTS para o estudantado de ata dous créditos polos cursos de máis de 25 horas e de 1 polos de menor carga docente.

Post navigation

Previous: Programación do Centro Dramático Galego polo Día das Letras Galegas
Next: Eleccións municipais 2019: día 6

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.