Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

40 anos de Monicreques de Kukas

SONY DSC

SONY DSC

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 28 de marzo do 2019 – Os Monicreques de Kukas cumpren 40 anos e o celebran coa estrea de “Arlequina” no Teatro Principal de Compostela.
    • Entradas

Compostela, 28 de marzo do 2019 – Os Monicreques de Kukas cumpren 40 anos e o celebran coa estrea de “Arlequina” no Teatro Principal de Compostela.

As oito e media de esta tarde, mañá venres a mesma hora e o sábado as seis e media tal e como o presentaron Isabel Rei e Marcelino de Santiago, Kukas, xunto con a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra e o director de Agadic, Jacobo Sutil.

Arlequina é un espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de monicreques e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequina, á procura da súa identidade, contando para iso coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro.

Con este espectáculo créanse sinerxías de colaboración e creación con e entre diferentes artistas que nos últimos anos teñen traballado nos espectáculos de Kukas e que ao mesmo tempo manteñen liñas de traballo propias como Zoar Ensemble, Teatro de Marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urruzola, para coa súa aportación propia e baixo a dirección escénica e artística de Isabel Rei e Marcelino de Santiago, crear un espectáculo cunha posta en escena moi coidada tanto dende o punto de vista dos recursos plásticos como dos musicais, sonoros, luminosos, técnicos e escénicos co que celebrar e festexar o 40 aniversario da compañía.

Entradas

As entradas teñen un prezo de 4 euros (o bono familiar de 12 euros inclúe catro entradas) e poden mercarse en compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18 a 21 h ou 1h e media antes do evento).

Recomendada para maiores de 4 anos e cunha duración de 60 minutos, esta representación enmárcase no apartado EscenaGZ da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura programada dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic.

Post navigation

Previous: A USC inaugura a mostra Máis alá do estereotipo da artista Mery Pais
Next: A Xunta defende no Parlamento o control sobre a antiga mina de Touro pero segue sen emitir unha resolución sobre a súa reapertura

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.