Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Silleda

36ª Romaría da Rapazada

Silleda celebra trinta e seis anos da Romaría da Rapazada en Siador o vindeiro 20 de xuño

Presentación da edición trinta e seis da Romaría da Rapazada en Silleda

Silleda, 12/06/2026 – O Concello de Silleda celebrará o vindeiro sábado 20 de xuño a 36ª edición da Romaría da Rapazada, unha das citas máis queridas e consolidadas do calendario infantil e familiar do municipio.

A programación da Romaría da Rapazada desenvolverase en Siador, entre as 11:00 e as 21:00 horas, cunha xornada chea de propostas lúdicas, deportivas, culturais e participativas para todas as idades. Cos seres fantásticos como temática de fondo, esta nova edición convida ás familias a gozar dun día completo de convivencia ao aire libre, nunha contorna natural e festiva.

Para facilitar o desprazamento ata Siador, o Concello habilitará un tren turístico con saídas dende o parque das Pedrosas e horarios que se anunciarán nos vindeiros días. As prazas serán limitadas.

A alcaldesa, Paula Fernández, presentou o programa xunto coa concelleira de Cultura, Mónica González, e a concelleira de Educación, Ángela Troitiño. A rexedora destaca que a Romaría da Rapazada “é unha das actividades máis especiais do ano, porque combina xogo, natureza, convivencia e participación das familias. Falamos dunha cita que mudou co tempo, pero que mantén intacta a súa esencia: ofrecer á rapazada un día para desfrutar, descubrir, compartir e vivir experiencias diferentes nun ambiente seguro e festivo”.

Pena agradece tamén a implicación das entidades colaboradoras, “que fan posible unha programación moi variada e pensada para distintos gustos e idades”. “A Romaría é tamén un exemplo de traballo en rede, coa participación de colectivos, asociacións e entidades que se suman para facer deste día unha verdadeira festa da rapazada”, engade.

A Romaría da Rapazada comezará ás 11:00 horas coa V Carreira de Orientación de Silleda, organizada en colaboración con Xesta Natureza. A proba consistirá en visitar no menor tempo posible as balizas establecidas seguindo a orde indicada no mapa. As inscricións poden realizarse a través da web xestanatureza.com e poderán participar equipos de ata seis persoas.

A carreira contará con tres categorías: Xestiñas, pensada para nenos e nenas, cun percorrido sinxelo física e tecnicamente de menos de 3 quilómetros; Xestas, para persoas adultas, cun nivel físico e técnico medio e menos de 4 quilómetros; e Xesteiras, dirixida a participantes con coñecementos medios ou altos de orientación, cun nivel físico e técnico alto e máis de 5 quilómetros. As saídas serán escalonadas e a organización facilitará unha tarxeta electrónica para rexistrar o paso por cada baliza.

Durante toda a mañá e boa parte da tarde, de 11:00 a 19:00 horas, haberá tamén punto de información, servizo de bebidas a cargo da Asociación Veciñal de Carboeiro,  zona de aparcadoiro de balde e unha exhibición de tractores do Museo do Campo e da Mecanización.

Ás 13:45 horas chegará unha das primeiras propostas escénicas da xornada, co Trío Detrés, que ofrecerá unha actuación de música e espectáculo. Ás 14:30 horas farase unha pausa para xantar na carballeira, mantendo así o espírito tradicional de romaría e convivencia familiar ao aire libre.

A programación retomarase pola tarde cun amplo abano de actividades entre as 16:00 e as 19:00 horas. Haberá xogos, inchables e propostas deportivas como petanca, coa participación do Clube de Petanca de Bandeira; gran xogo da oca baixo o título “De-construíndonos; tiro con arco; tobogán de auga; rocódromo; castelo máxico e xadrez.

Obradoiros, espectáculo final, sorteos e festa da escuma

Ás 17:00 horas desenvolverase ademais un obradoiro de esgrima con Compostela Esgrima e o Xogo dos contos ao revés, unha proposta orientada a romper estereotipos fantásticos a través do xogo e da creatividade.

Os obradoiros ocuparán tamén un lugar destacado na programación. A ANPA Raparigos participará co espazo O Reino Fantástico, que incluirá propostas como O Bosque Encantado, con coroas de flores e variñas máxicas, e A Montaña dos Dragóns, con dragóns botalumes e máscaras de dragón.

Tamén haberá actividades con Aupa Deza, como a Fada das Flores, ademais de chapas, pintacaras e un obradoiro de rol exprés con Dezamerón, con propostas vencelladas a Dungeons & Dragons e pintado de miniaturas.

A partir das 19:00 horas chegará o momento dos sorteos baixo o lema “Participar na Romaría ten premio!”. As persoas asistentes poderán achegarse ao posto de información para conseguir un número para o sorteo, participar na carreira de orientación e pasar polo máximo número de actividades para entrar nos premios.

A recta final da xornada contará con máis espectáculos e animación, coa participación de Máis que Danza, o espectáculo Távole de Circo Txosco e a tradicional festa da escuma final, para a que se recomenda levar calzado pechado, gafas de piscina e roupa seca para cambiarse.

Dende o Concello recoméndase ás familias acudir con gorra e protector solar para pasar unha xornada divertida e segura. Tamén se lembra a importancia de achegarse ao punto de información ao chegar a Siador para coñecer a distribución das actividades e resolver calquera dúbida.

A 36ª Romaría da Rapazada preséntase así como unha xornada pensada para gozar en familia, fomentar a convivencia, promover o xogo ao aire libre e seguir reforzando unha das tradicións máis participativas e entrañables da programación municipal de Silleda.

Post navigation

Previous: O Mimarte Fest o 26 en Ribeira
Next: Pico Sacro, mitos e lendas

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.