Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

O concello de Oroso saca a licitación a mellora das rúas de Sigüeiro cun investimento previsto cercano aos trescentos mil euros.

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026

Oroso, 07/03/2026 –  O Concello de Oroso vén de sacar a licitación un novo proxecto de mellora da rede viaria en Sigüeiro que permitirá renovar o firme dunha ampla relación de rúas do núcleo urbano cun investimento total próximo aos 300.000€.

A actuación en Sigüeiro permitirá actuar na maioría das rúas, mellorando o estado do firme e reforzando a seguridade e comodidade para a circulación de vehículos e peóns. O proxecto contempla a renovación da capa de rodaxe e a posterior sinalización horizontal nas distintas vías incluídas.

Entre as rúas nas que se actuará destacan rúa do Portiño, Rosalía de Castro, Onda, Carracide, Travesa, do Medio, Mediodía, Camiño Inglés, da Cultura, Pablo Iglesias, do Concello, Lengüelle, do Deporte, Castaños e do Tambre, ademais de melloras no ramal da rúa Río Maruzo e a rúa María Casares, na Urbanización Porto Avieira.

O proxecto inclúe tamén a mellora de distintos espazos vinculados á mobilidade e ao estacionamento, como o aparcadoiro do Centro Cívico e o aparcadoiro da rúa Tosca, así como actuacións puntuais en accesos e conexións viarias de Sigüeiro.

Esta actuación permitirá renovar unha superficie moi significativa da rede viaria do núcleo urbano de Sigüeiro, dando resposta ao desgaste acumulado en distintas rúas e mellorando o estado xeral das infraestruturas municipais.

O prazo de execución previsto para as obras será de seis meses, unha vez adxudicados os traballos e iniciadas as actuacións previsiblemente no verán. O prazo de presentación de ofertas remata o próximo 20 de marzo.

Con este novo investimento, o Concello de Oroso continúa avanzando no seu plan de mellora das infraestruturas municipais e no mantemento da rede viaria, unha das demandas máis recorrentes da veciñanza e fundamental para o funcionamento diario do núcleo urbano.

Post navigation

Previous: XXI edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, MICE
Next: Teo prepara a Batalla de Cacheiras

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.