A Baña, 25 de xuño do 2019 – O programa Cine de Verán proxectará tres filmes ao aire libre no concello da Baña desde este semana e ata o 13 de xullo.
O Cine de Verán é impulsado desde a concellería de Cultura. As proxeccións terán lugar na praza do Concello. Emitiranse dúas películas infantís, ‘Peter Rabbit’ e ‘Ralph rompe Internet’; e o drama, ‘The Way’.
‘Peter Rabbit’ é a primeira das películas que transformará a praza do Concello nunha sala de cine ao aire libre. Ás 21.00 horas do venres 28 proxectarase esta animación na que un coello rebelde e traste tenta roubarlle o control da súa horta a un granxeiro.
Na segunda xornada de Cine de Verán o venres 5 de xullo ás 22.00 horas, a emisión de ‘Ralph rompe internet’ manterá a atención das nenas e nenos posta na pantalla. Nesta animación fantástica dirixida por Rich Moore e Phil Johnston, os protagonistas, Ralph e Vanellope, embárcanse nunha aventura no máis fondo de Internet onde tratarán de atopar unha peza que necesitan para arranxar un videoxogo.
O espectáculo non quixo olvidarse dos adultos, pois a emisión de ‘The Way’ satisfará os seus desexos. Nesta drama español, un pai perde o seu fillo nos Pirineos mentres estaba a facer o Camiño de Santiago, entón decide rematar o traxecto na súa honra. A proxección está datada para o sábado 13 de xullo ás 22.00 horas.