Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino

25N O Pino contra a Violencia de xénero

25-N-contra-a-violencia-de-xenero-slide_r

O Concello do Pino conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo domingo 25 de novembro, cunha campaña de sensibilización protagonizada polos veciños e veciñas que participan nas actividades deportivas municipais. 

Entre as actividades máis importantes para esta xornada está campaña de sensibilización promovida polo Concello. Para levala a cabo, as persoas que participan nas diversas escolas e actividades deportivas municipais fixeron fotos con carteis alusivos ao rexeitamento desta lacra violenta. Centos de veciñas e veciños de todas as idades, dende os que participan na ximnasia por parroquias, ou os de running, tenis, futbito, ioga ou pilates, por citar algúns, ata os que acudiron á segunda etapa do Camiña e Descubre, sumáronse a esta iniciativa.

As actividades comezan, con todo, mañá mesmo. O CPI Camiño de Santiago acollerá unha charla que, baixo o título ‘Violencia de xénero no novo contexto dixital’, tentará sensibilizar á poboación adolescente da importancia de previr certas situacións á hora de utilizar as redes sociais e as ferramentas tecnolóxicas. Despois, ás 19.00 horas, a Casa da Cultura porá o escenario para outra conferencia, esta aberta a público familiar e educadores, sobre ‘O uso seguro e saudable das novas tecnoloxías’. Estas actividades impartiraas o colectivo Pantallas amigas, utilizando contidos audiovisuais e cunha metodoloxía dinámica, participativa e favorecedora do debate.

O mesmo recinto da Casa da Cultura será o lugar no que o venres, ás 11.30 h, se poña en escena a obra de teatro ‘Elisa e Marcela’, para alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO. O texto baséase na historia real do primeiro matrimonio homosexual feminino que interpreta a compañía A Panadaría. Ás 13.00 h, no CPI Camiño de Santiago, representarase o espectáculo ‘Maxia pola igualdade’, a cargo da ilusionista Fanny Triana, para os cursos 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.

Con estas accións, o Concello do Pino quere situarse activamente fronte á violencia de xénero, ante a cal só cabe a resposta que dan os veciños e veciñas do municipio: NON.

Post navigation

Previous: 25N Oroso contra a Violencia de xénero
Next: 25N Negreira contra a Violencia de xénero

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Un momento da sesión plenaria no concello do Pino
4 minutes read
  • Xeral

O Pino cobrará o recibo da auga cada 2 meses e apraza a taxa de sumidoiros

Imaxe da Ponte das Canizas no concello do Pino
2 minutes read
  • Xeral

Alertan do perigo de derrube da Ponte das Canizas no Pino

Terreos da nova deputradora de O PIno
3 minutes read
  • Xeral

O Pino terá que devolver o cobrado polo saneamento

o pino boqueixon mellora conexion 14 arzo 2026jpg (1)
4 minutes read
  • Boqueixón

Mellora da comunicación entre Boqueixón e O Pino

O Pino: Divertidas propostas no desfile de Entroido
3 minutes read
  • Axenda

O Pino celebrará o seu primeiro desfile de Entroido

O Pino: O pleno ordinario aproba por unanimidade o POS+ para gasto social extraordinario en 2026
2 minutes read
  • O Pino

O Pino recorre ao POS+ para manter o SAF

o pino orzamentos slide 10 decembro 2025
2 minutes read
  • O Pino

O Pino aproba un orzamento de 5,86 millóns para o 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.