Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión

25N Brión contra a Violencia de xénero

25-N-contra-a-violencia-de-xenero-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Unhas sesenta persoas, entre veciños/as, concelleiros/as e traballadores/as municipais de Brión, participaron este mediodía nunha concentración veciñal de repulsa contra a violencia de xénero. Unha iniciativa programada dentro dos actos que se veñen desenvolvendo ao longo das dúas últimas semanas dentro da campaña “En negro contra as violencias”, na que o Concello de Brión participa por primeira vez.
    • Próximas actividades

Unhas sesenta persoas, entre veciños/as, concelleiros/as e traballadores/as municipais de Brión, participaron este mediodía nunha concentración veciñal de repulsa contra a violencia de xénero. Unha iniciativa programada dentro dos actos que se veñen desenvolvendo ao longo das dúas últimas semanas dentro da campaña “En negro contra as violencias”, na que o Concello de Brión participa por primeira vez.

A concentración rematou cunha alocución de Victoria Varela, responsable dos Servizos Sociais de Brión, quen asegurou que “Brión ten que ser unha única voz que diga que non imos permitir a violencia de xénero”. Varela explicou que durante este 2018 un total de 43 mulleres e 8 nenos/as foron asasinadas/os.

“Está visto que as persoas violentas non lle teñen medo nin ás políticas contra a violencia nin ás condenas. Entón o que hai que facerlles chegar e con moita claridade é que ninguén de nós o acepta”, explicou a responsable dos Servizos Sociais brioneses, quen salientou que “a forma de facelo visible é con este tipo de actos, levando carteis e mensaxes contra a violencia a todos os sitios onde estean: ao bar, á tenda, aos comercios, ao colexio… que teñan ben claro que están sos e que nós, a sociedade, non imos tolerar este tipo de comportamentos”.

Próximas actividades

Para dar continuidade á campaña, o luns 26 de novembro inaugurarase a exposición “Á violencia de xénero dille non”, que poderá ser visitada pola veciñanza no centro social polivalente ata o 9 de decembro. Trátase dunha mostra promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade e que está dirixida especialmente á mocidade. Adoptando a linguaxe da banda deseñada, a exposición retrata os estereotipos caducos sobre os que se asenta a violencia de xénero e que a poboación máis nova parece estar reproducindo de xeito preocupante.

Un día despois, o martes 27 de novembro, as escolas unitarias de Sabaxáns (de 9:15 a 10:15 horas), Os Ánxeles (de 10:30 a 12:30 horas) e A Luaña (13:15 a 14:15 horas) acollerán a campaña “Quen dixo medo?”, promovida pola Deputación Provincial da Coruña. A actividade comezará coa lectura do conto “Quérote case sempre”, de Anna Llenas, que narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía. Tomando como fío condutor a lectura do conto, o/a docente abordará diversas cuestións para axudar os mais cativos/as a afianzar conceptos básicos para a súa vida cotiá e para a correcta construción da súa identidade, establecendo relacións equilibradas, solidarias e construtivas ao tempo que aprenden a expresar as súas emocións de forma axeitada, sen insultos, gritos ou agresións.

Post navigation

Previous: 25N Os traballad@res dos CIM contra a Violencia de xénero
Next: 25N Ames contra a Violencia de xénero

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

brion proxecto deportibo aprobado 22 utubro 2026
5 minutes read
  • Xeral

Aprobado a mellora e acondicionamento do complexo deportivo de Pedrouzos en Brión

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

brion aseos santa minia 25 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Comeza Santa Minia con melloras nos servizos

BRION FEIRA LABREGA 19 SETEMBRO 2026
3 minutes read
  • Xeral

Feira Labrega este domingo en Brión

brion cartel santa minia 15 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Chega a Romaría de santa Minia

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.