Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

25N A Mancomunidade de Ordes contra a Violencia de xénero

25-N-contra-a-violencia-de-xenero-slide_r

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes adheriuse á declaración institucional emitida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero, que terá lugar o vindeiro domingo. Así se acordou por unanimidade no pleno correspondente ao mes de novembro.

Na dita declaración sinálase  que “a pesar de levar corenta anos de democracia aínda vivimos nunha sociedade que non foi capaz de alcanzar a igualdade real entre homes e mulleres”. Tamén reafirma o compromiso “para seguir impulsando políticas que garantan os dereitos das mulleres e dos menores co obxectivo de conseguir unha sociedade libre de medo”. Outro punto é a esixencia de aplicar as medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para a construción dunha sociedade madura e autónoma.

Destácase tamén “a necesidade de educar en igualdade ás xeracións futuras” e considera “vital desterrar os roles sexuais, as actitudes e os comportamentos normalizados e consentidos que perpetúan a desigualdade”. Entre outros aspectos o texto expón a gran “preocupación polo aumento de menores asasinados a mans dos seus pais como instrumento de control e de poder sobre as mulleres”, ademais de agradecer “os esforzos por debilitar a multitude de microviolencias invisibles e sistemáticas que sustentan relacións baseadas no trato desigual”.

Por último a dita declaración sinala o compromiso da FEMP por “implementar todas as medidas de coordinación interadministrativa para protexer, defender e liberar as mulleres e menores vítimas da violencia de xénero.

Post navigation

Previous: 25N Melide contra a Violencia de xénero
Next: 25N Lousame contra a Violencia de xénero

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.