Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

23º edición de Curtocircuíto

Do 30 de xuño ao 5 de xullo Curtocircuíto ofrecerá na sección oficial 21 filmes de 16 países

Cartel da edición número 23 de Curtocircuíto

Compostela, 23/06/2026 – A mudanza ao verán séntalle ben a Curtocircuíto e despois da boa acollida no 2025 a vixésimo terceira edición abrirase o 30 de xuño para encher as prazas e rúas de Compostela co mellor cine de vangarda.

O carácter internacional de Curtocircuíto queda definido na sección oficial denominada Cosmos. Competirán 21 obras de 16 países de creadores como Dorian Jespers, Julia Mellen, Bill Morrison, Helena Wittmann ou Mohammadreza Farzad entre outros.

Unha ollada ao xurado descobre tamén a esixencia da sección competitiva. Estará formado por Jaione Camborda, Ismael Ramos, Tono Mejuto, Iván Castiñeiras, Marcos Flórez e Carmen Méndez.

O festival completarase ademais con focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López, o Premio Atlas a Marie Losier e unha ampla programación de concertos audiovisuais e actividades abertas ao público.

Na presentación de Curtocircuíto participaron a concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Míriam Louzao; Deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo.

De esquerda a dereita, Xaquín López, Xosé Lois Penas, Míriam Louzao, Pela del Álamo, Jacobo Sutil e José Díaz. Aigi Boga.
Curtocircuíto – Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura) co apoio,

O festival completará a súa proposta cun programa de concertos audiovisuais e estreas en diferentes espazos da cidade, con artistas como Ryoichi Kurokawa, Marta Verde e José Venditti, Los Sara Fontan e Tamara de la Fuente, Arvin Dola e Irene Gaumé ou Artur M Puga e Sevi Iko Dømochevsky.

Curtocircuíto ofrecerá ademais encontros con creadoras e creadores como Marie Losier, Lawrence Lek, Gala Hernández López, Ricardo Cases, Marta Echaves ou Aleix Plademunt, así como dúas novas residencias artísticas de fotografía protagonizadas por Manuela Lorente e Ricardo Cases.

21 filmes de 16  países en Cosmos

O cinema continúa sendo o eixe principal de Curtocircuíto. Nesta nova edición, Curtocircuíto presenta un total de 21 filmes procedentes de 16 países que conforman a sección oficial Cosmos.

No festival, o público poderá viaxar a través de obras chegadas de Nova Zelandia, Irán, China, Estonia, Sudáfrica, Estados Unidos, Suíza, Alemaña, Austria, Francia, Bélxica ou Macedonia do Norte, entre outros territorios que compoñen un mapa plural e en constante transformación.

A selección inclúe ficción, documental, animación e obras híbridas que exploran os límites da linguaxe audiovisual contemporánea. Nesta última liña, dentro da Sección Oficial o festival destaca sete traballos que manteñen vivo o espírito de Explora, unha das seccións históricas de Curtocircuíto; son The Tragic Movement of the Spheres de Simon Rieth (Francia), DATNA ÉCLAT de Tina Frank (Austria), où la nuit tombe un bruit sourd de Sophie Watzlawik (Alemaña, Austria), A Flock of Rotations de Jung An Tagen (Austria), This Arrow Points de Siegfried A. Fruhauf (Austria), A Thousand Waves Away de Helena Wittmann (Alemaña) e Sie puppt mit Puppen de Karin Fisslthaler (Austria).

Cosmos recolle ademais obras narrativas como When the Geese Flew de Arthur Gay, unha historia sobre os vínculos familiares e a adolescencia; Loynes de Dorian Jespers, un insólito drama xudicial ambientado no Liverpool do século XIX; ou 1:10 de Sinan Taner, unha reflexión sobre os mecanismos da violencia e a tensión social.

Destacan tamén Sawyer Avenue, Sunday Afternoon de Bill Morrison, unha mirada á deriva autoritaria dos Estados Unidos contemporáneos; Spray and Pray de Veneta Androva, sobre as novas economías da desinformación dixital; ou Singing of the Evening Stars de Iris Sang, unha experiencia sensorial en Los Ángeles que conecta territorio e memoria.

Outros títulos son As I Lay Dying de Mohammadreza Farzad e Pegah Ahangarani (Irán), This Suffocating Now de Vika Kirchenbauer (Alemaña). Completan a sección Vultures de Dian Weys (Sudáfrica, Francia) e Deus é tímido de Jocelyn Charles (Francia).

A representación do cinema estatal chega da man de propostas como Stallion y la bola de cristal de Christian Avilés, Vegetare de Adrià Expòsit-Goy, Abortion Party de Julia Mellen e like moths to light de Gala Hernández, entre outras.

Unha sección marcada pola diversidade de miradas

Cosmos destaca tamén pola presenza de creadoras, o 53% dos traballos están dirixidos por mulleres. As obras abordan algunhas das cuestións centrais do presente desde perspectivas moi diversas.

Entre elas figuran Iris Sang, Veneta Androva, Vika Kirchenbauer, Julia Mellen e Gala Hernández López, xunto a autoras como Helena Wittmann, Sophie Watzlawik, Tina Frank ou Karin Fisslthaler. As súas obras transitan por cuestións como a memoria, a identidade, os procesos de transformación social, a desinformación dixital ou as posibilidades expresivas da propia imaxe cinematográfica.

Os xurados de Curtocircuíto

A competición contará coa mirada de tres xurados complementarios. O xurado oficial estará composto pola cineasta Jaione Camborda, o escritor Ismael Ramos e o cineasta, fotógrafo e arquitecto Tono Mejuto.

O xurado Galiza reunirá ao tamén cineasta Iván Castiñeiras, ao montador e músico Marcos Flórez e á actriz e cineasta Carmen Méndez.

Pola súa banda, o Xurado Novo estará integrado por Valentina Unda, Miguel González, Carlota Álvarez, Juan Arca e Andrea Mariño, reforzando a presenza de novas voces na valoración da programación do festival.

Entradas

O festival conta cun abono xeral de 25 euros, válido para todas as actividades programadas no Teatro Principal, Auditorio e NUMAX. As entradas individuais terán un prezo de 4 euros para as proxeccións de cine e de 7 euros para as sesións Live AV, mentres que os DJ sets na Sala Fantástica serán de acceso libre.

As sesións especiais serán gratuítas, previa retirada de entradas (máximo 2 por persoa). As actividades programadas nas prazas da cidade serán tamén de acceso libre e gratuíto. As entradas poderán adquirirse en liña a través de compostelacultura.gal e de maneira presencial na Zona C, no Teatro Principal e, no caso da sesión Terra, en NUMAX. O abono deberá recollerse fisicamente na Zona C e non garante o acceso a todas as actividades, xa que a entrada aos eventos estará suxeita á retirada previa de localidades ata completar a capacidade.

Post navigation

Previous: Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ en Ames
Next: Os concellos comezan a mirar canta auga queda

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.