Bisbarra, 24 de agosto do 2020 – Os casos positivos seguen subindo en toda Galicia, chegando aos 2306, e na bisbarra onde hai que sumar un novo gromo en Santa Comba.
Melide
Melide informa de 21 positivos polo momento, no círculo de amigos no que se dou o brote, e outros 3 na familia afectada. O número de probas PCR realizadas a pasada semana foi de 747 das 825 previstas ao comezo do estudo entre persoas de 18 a 30 anos. Esas probas deron como resultado 16 positivos.
Santa Comba
Hai dous días o concello de Santa Comba emitía un bando no que informaba dun novo gromo no concello con 11 positivos. Estanse realizando probas PCR e non se descarta que poidan aparecer máis casos.
o concello decidiu suspender tódalas actividades en curso organizadas desde a administración local en espera de como evoluciones os acontecementos.
Muros
No caso de Muros suben a 8 os positivos por Covid 19. Continua o rastreo entre os contactos dos afectados e a realización de probas PCR.
Ordes
Ordes segue estable con sete positivos en illamento domiciliario aínda que 2 casos son novos, resultado de probas PCR realizadas recentemente. Tamén hai un caso que foi trasladado fora do concello aínda que nas informacións publicadas non se explican as razóns.
Precaución e consultas
Desde todas as administracións insístese na necesidade de manter as máximas medidas de prevención; uso de mascarilla, distanciamento, limpeza etc. Faise un chamamento á responsabilidade de todos e lembrase que o SERGAS ten habilitado o 900400116 para a consulta de dúbidas que se poidan ter.
