Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

177 contedores máis para a Mancomunidade Serra do Barbanza

O equipamento entregado pola Consellería de Medio Ambiente servirá para a reciclaxe de papel, cartón e envases lixeiros.

A mancomunidade Serra do Barbanza recibe 177 novos contedores

Brión, 24/03/2026 – A urbanización Agronovo de Brión acolleu o acto de entrega de 177 contedores para a recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón á Mancomunidade Serra do Barbanza.

Un acto presidido pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e polo presidente da Mancomunidade Serra do Barbanza e alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín.

Un acto no que estiveron acompañados pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; o presidentes de Sogama, Javier Domínguez Lino; o director de Xestión Local e Autonómica en Ecoembes, Ángel Hervella; representantes de Ecovidrio; así como polos alcaldes de Lousame, Esteban Ares García; Ames, Blas García; Porto do Son, Luís Oujo; Rois, Ramón Tojo Lens; e Carnota, Juan Manuel Saborido.

Incorporación a Sogama

Pablo Lago destacou que “todos os que estamos presentes sabemos da importancia que teñen estes contedores, non só para fomentar a reciclaxe e coidar o noso medio ambiente, senón tamén para ter contentos aos veciños e veciñas de cada concello e facilitarlles a reciclaxe”. Por iso, explicou que “nós en Brión comezamos con esta illa de reciclaxe e imos seguir facendo estas inversións en todos os núcleos con máis poboación do concello para educar á xente”.  

Ademais, Lago Sanmartín agradeceulle á conselleira que “aceptara a nosa petición de incorporarnos a Sogama. Nestes tres meses xa se melloraron moitas cousas, queda moito por facer pero a verdade é que despois dun modelo caducado e rexeitado por Europa permitirnos chegar a onde estamos na actualidade creo que foi un logro da Mancomunidade e de todos os que estamos aquí. Grazas e a seguir colaborando”.

Mellora na reciclaxe e na compostaxe

Pola súa banda, Ángeles Vázquez lembrou que “Europa falou, e fíxoo varias veces, dicindo que este non é o sistema e que hai que ir cara outro. Agora toca mellorar os estándares de reciclaxe, que son fundamentais”.

Indicou que “despois de ver que a Mancomunidade xa se adheriu ao convenio tanto de Ecoembes como de Ecovidrio, Sogama ten que seguir apostando tamén polos composteiros e darvos esa baza importante para que poidades ir pola vía do quinto contedor pero que sexa complementario nas zonas máis rurais, ou non sendo zonas rurais aló onde haxa unha casa cunha finca tamén, pero despois hai que dar os servizos e iso comeza co que son os contedores”.

A conselleira fixo fincapé en que “miramos as zonas máis rurais porque somos conscientes de que temos que darlles servizo a todos pero iso supón un incremento substancial do custo que ten que ser resarcido dalgún xeito”.

A Conselleira puxo en valor a entrega destes 177 contedores para a recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón xa que “tonelada reciclada é tonelada de ingresos e non é o mesmo pagar mil euros que recibir mil euros. Polo tanto, temos que darlle unha mensaxe fundamental á cidadanía: isto vai repercutir no seu bolsillo. Canto mellor o fagamos, os cidadán máis apreciarán que o tratamento é menos custos e menos impostos”.

Convenio de colaboración

A entrega destes 177 contedores para a recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón é froito dun convenio de colaboración asinado o pasado 10 de febreiro en Madrid polo presidente da Mancomunidade Serra do Barbanza, Pablo Lago Sanmartín, e o director de Xestión Local e Autonómica de Ecoembalajes España SA (Ecoembes), Ángel Hervella Touchard, para fomentar a recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón, de forma que se incrementen as porcentaxes de recuperación e reciclado destes residuos.

Ao mesmo tempo a Mancomunidade comprométese a que estes 177 contedores non serán empregados para substituír outros da súa propiedade, así como a colocalos na vía pública e prestar un servizo de recollida de calidade e cunha frecuencia que facilite e incentive a participación da veciñanza na recollida selectiva.

Post navigation

Previous: Primavera EcoBosque” no Banquete de Conxo
Next: Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.