Teo, 6 de xuño do 2017 – O campo do Praiña en Pontevea, Teo, acollerá o próximo sábado, día 10, a segunda edición da Copa Gallaecia organizada polo Suévia que compite na Liga do mesmo nome.

A Copa Gallaecia disputarase a partir das dez da mañá e estarán presentes todos os equipos que xogan a Liga: Afiadoras de Ourense, Torques de Lugoslavia, Ambílokwoi de Vigo, Cascarilha da Coruña, Suévia de Compostela, O Condado de Salvaterra e por primeira vez en torneo oficial o Gróvios FG equipo do Baixo Miño
Este ano en solidariedade co CSOA Escárnio e Maldizer todo o beneficio tirado da xornada será destinado ás persoas encausadas xudicialmente no proceso de desaloxo.
A Liga Gallaecia
A Liga Gallaecia, formouse a mediados de 2013, tras un ano en que o fútbol gaélico irrompeu no país causando furor, varías dos equipos que xogaban de xeito regular decidiron organizarse nunha liga.

O fútbol gaélico, é o deporte irlandés con máis apoio en Eire. Ademais de ser un deporte moi completo, ten os valores engadidos de fomentar o deporte de base xa que @s xogadores/as profesionais non cobran, a pesar de ser ídolos
Según explican desde Suévia, o equipo organizador, ” Tamén representa a irmandade entre un pobo unido, o pobo Irlandés. Nós queremos, coa liga Gallaecia, representar os mesmos valores mais engadindo-lle o nom segregacionismo, polo que nesta liga poden xogar persoas sen importar o xénero”.