займ срочно
[columns]
[column size=”1/3″]”temos que quitar ao Galego da polémica en certos sectores porque ese debate xa case non existe na sociedade”[/column]
[column size=”1/3″]”temos moito que facer para unir a cativos e maiores, escoitar aos maiores é algo fundamental e dicho alguén que se criou cunha aboa”[/column]
[column size=”1/3″]”o Galego chegou tarde a moitas citas, internet dounos a oportunidade de chegar por primeira vez ao mesmo tempo que o resto das linguas”[/column]
[/columns]

Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín GarcíaO Secretario Xeral de Política Lingüística, desde o 2012, Valentín García é un home da bisbarra, nado en Silleda e veciño de A Estrada desde os 8 anos onde acabou sendo o normalizador lingüístico do concello.
Fala con naturalidade en galego, o que parece unha obviedade é convinte que sexa resaltado dados os problemas que moitos políticos teñen coa nosa lingua. Firme defensor da oportunidade que nos brinda a lusofonía e implicado ao cen por cen nas novas tecnoloxías conseguiu que o seu departamento sexa un oasis dentro das habituais polémicas nas que está envolta o Galego. A marxe de que cada un de nos teñamos unha opinión sobre as actividades que se fan desde a Secretaría o que non se pode negar é o traballo feito na dinamización ao longo dos 5 anos que leva no cargo.

Comezamos preguntándolle pola valoración que fai da situación da lingua e Valentín García móstrase comedido e recoñece que o Galego segue a buscar o seu sitio mentres se traballa na procura dun maior uso por parte da xuventude

Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín GarcíaHoxe en día o Galego segue no centro do debate en moitos ámbitos. Valentín García está convencido da necesidade de retirar a lingua de polémicas que non benefician a ninguén.

O uso do Galego pasa polo traballo na escola, preguntámoslle ao Secretario Xeral si cre que está incluído dabondo nos programas curriculares

En Lindeiros cremos no moito que teñen que aportar os maiores, esa chamada terceira idade, e falamos con Valentín García sobre a necesidade de recoller a aportación de esas xeracións no uso do galego

O seguinte paso sería unir ambas xeracións, os máis cativos, os escolares, e os maiores, algo que o Secretario considera fundamental

Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín GarcíaAs tecnoloxías, as redes sociais… Valentín García pensa que, ao marxe de debates sobre a forma, o que é evidente e que o Galego ten tamén que estar aí

As estatísticas revelan que proporcionalmente hai máis contidos en Galego na rede dos que nos corresponderían pola poboación que temos, .Gal é usado xa por máis de 4.000 empresas e organizacións, un panorama moi alentador

Como dicíamos ao principio Valentín García é un firme defensor da oportunidade que nos brinda a lusofonía e enseguida lembra como primeiro argumento que o portugués é o idioma máis falado no hemisferio sur do planeta

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Carlos Casares, unha persoa a quen Valentín García define como “un gran tecedor de consensos”

Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín GarcíaO Día das Letras Galegas é un momento moi especial do ano para a Secretaría Xeral e polo tanto o momento de falar tamén dos proxectos nos que se traballa

Valentín García ten a actitude serena dun galego vello. Cinco anos nunha das Secretarías mais expostas á polémica non borraron o sorriso da súa cara, pode ser porque conseguiu amigos en tódalas bandas e, o máis importante, mostra a intención de facer aínda algúns máis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies