Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

15 concertos na Festa da Música da Deputación

A Festa da Música terá lugar este mes con actuacións de Cuarteto Debiselas, Anxo Araújo, Faia Díaz, Su Garrido Pombo e Belém Tajes

A Deputada de Cultura da Deputación, Natividad González, co programa de concertos

Lindeiros, 03/06/2026 –  A Área de Cultura da Deputación da Coruña celebra unha nova edición da Festa da Música, cun programa que levará quince concertos a trece concellos da provincia ao longo do mes de xuño.

A iniciativa forma parte da conmemoración do Día Europeo da Música, que se celebra o 21 de xuño, e ten como obxectivo achegar a música galega a públicos de todo o territorio a través dunha programación diversa e de calidade.

A deputada de Cultura, Natividade González, destacou que a Festa da Música é unha mostra do compromiso da Deputación coa creación musical galega e coa descentralización da oferta cultural. «Traballamos da man dos concellos para que a cultura chegue a toda a provincia e para apoiar artistas que representan a riqueza e a diversidade da música galega actual», sinalou.

A programación comezará os días 5, 6 e 7 de xuño co espectáculo ‘Merendola desconcertante’, do Cuarteto Debiselas, que chegará aos auditorios de Visantoña, en Santiso, e do Centro Cívico de Malpica, así como ás Escolas da Atalaia de Asados, en Rianxo.

A proposta continuará o 18 de xuño no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, o 19 no adro do Convento do Carme de Padrón e o 28 de xuño no Auditorio Municipal de Cerceda.

Anxo Araújo protagonizará tres actuacións dentro do ciclo. O músico actuará o 23 de xuño na praza Floreal de Cedeira, o 26 no anfiteatro de Arteixo e o 27 no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

Pola súa banda, Faia Díaz presentará ‘Alvela’ o 14 de xuño na igrexa de Santa María de Melide e o 28 de xuño no Auditorio Municipal de Ribeira.

O proxecto Traspielas, impulsado por Su Garrido Pombo, ofrecerá dous concertos: o 19 de xuño no Teatro-Cine Elma da Pobra do Caramiñal e o 21 de xuño no Pazo da Cultura de Carballo.

A programación completarase coa cantante Belém Tajes, que presentará o seu primeiro disco, ‘Amar o mar’, o 19 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo e o 20 de xuño no Teatro da Beneficencia de Ortigueira.

Con esta nova edición da Festa da Música, a Deputación da Coruña reforza a súa aposta pola difusión da música galega e pola colaboración cos concellos para impulsar unha programación cultural estable e accesible en todo o territorio provincial.

Post navigation

Previous: Liorta xudicial por conta dos eólicos
Next: Compostela e EspazoCoop seguirá traballando no cooperativismo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.