займ срочно

Entrevista: Manuel Muñoz Mompó, Tenente Coronel do Aeródromo militar de Lavacolla

0

O Aeródromo militar de Lavacolla naceu co campo de aviación alá polo 1935 e desde entón pasou por distintas etapas. Para a bisbarra de Compostela, e para Galicia, a súa importancia radica en que é a base do 43 Grupo de Forzas Aéreas, a unidade que desde 1971 de forma ininterrompida, chega cada verán para loitar contra o lume.
Recentemente o aeródromo recibiu a Manuel Muñoz Mompou como novo Tenente Coronel responsable da base. Volve a un lugar que coñece ben por ter sido, precisamente, piloto dos Canadair que coidan dos nosos montes. Un lugar no que tamén perdeu amigos no fatídico accidente de 1988, un suceso lembrado cun monolito polo que pasa cada día cando se dirixe ao seu despacho.
Manuel Muñoz Mompou pertence a esa xeración de militares que comezaron a carreira en plena transición, que estiveron en sitios como Afganistán ou Kosovo e que teñen claro que o exército está ao servizo da sociedade porque é precisamente a sociedade a que o nutre.
Comezamos falando de esa carreira que comezou no 81

Para Manuel Muñoz o exército cambiou ao longo dos anos do mesmo xeito que cambiou a sociedade, as veces obrigados e as veces de xeito natural pero na actualidade converteuse nunha das institucións mellor valoradas polos cidadáns

O aeródromo militar de Lavacolla ten a responsabilidade de dar cobertura a calquera actividade militar que fose necesaria, hai que ter en conta que é o primeiro aeródromo nos vos que veñen desde América

Preguntámoslle pola súa etapa como piloto apaga fogos e polo convencemento que hai que ter para poder afrontar esas misións

Manuel Muñoz Mompou é tamén o Comandante Militar dos tres aeroportos de Galicia e preguntámoslle pola relación coa dirección civil de esas instalacións

Quixemos saber un pouco máis da persoa, para o Tenente Coronel o exército é a súa vida aínda que ten outras aficións

Desde o ano 2012 xa non voa, o vota de menos pero agora está con algo que lle fai tamén moita ilusión

Cando se lle pregunta por unha anécdota en positivo prefire falar de toda unha época, a da Academia Militar

Na parte negativa os compañeiros falecidos en acto de servizo

Manuel Muñoz Mompou da a sensación de ser unha persoa sensata, con esa tranquilidade e ese espírito de servizo que só pode ter alguén disposto a voar a 15 metros sobre un incendio para conseguir apagalo. O exército cambiou coa sociedade. como el mesmo di na entrevista, agora nos toca aos medios de comunicación normalizar a relación con el.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies