Músicas na Linde, 22/06/2026 – O Son do Camiño volveu a demostrar a súa capacidade de convocatoria e a súa relevancia dentro do panorama cultural europeo ao pechar a súa edición de 2026 cun balance histórico.
O festival reuniu a 126.000 asistentes en total, esgotando as súas entradas e reafirmándose como o único gran festival de España capaz de vender o 100% do seu aforamento cada ano. O Son do Camiño continúa ademais consolidándose como un motor estratéxico para a economía, o turismo e a proxección exterior de Galicia.
Segundo unha primeira estimación, o Son do Camiño xerou un impacto socioeconómico de 36.990.000 €, unha cifra que reflicte o efecto tractor do festival sobre numerosos sectores produtivos vinculados á hostalaría, o comercio, o transporte e os servizos.
A celebración do festival supuxo un importante impulso para o emprego, coa creación de máis de 1.500 postos de traballo directos e ao redor de 4.000 empregos indirectos, contribuíndo de maneira significativa á actividade económica da comunidade e ao fortalecemento do seu tecido empresarial.
Un dos indicadores máis destacados foi a extraordinaria resposta do sector turístico xa que durante os días de celebración de O Son do Camiño alcanzouse unha ocupación hostaleira do 100% en toda a comarca de Santiago de Compostela e a súa área de influencia.
A estes datos súmase unha repercusión mediática sen precedentes. A edición de 2026 xero un impacto mediático valorado en máis de 60 millóns de euros, grazas á ampla cobertura nacional e internacional obtida a través de medios de comunicación, plataformas dixitais e redes sociais.
Os resultados alcanzados este ano consolidan a O Son do Camiño como un dos acontecementos culturais máis relevantes do sur de Europa e como unha ferramenta estratéxica para a xeración de riqueza, emprego e proxección internacional de Galicia.
Un festival que proxecta Galicia ao mundo
Producido polas promotoras galegas Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, O Son Do Camiño celébrase no icónico Monte do Gozo, un dos escenarios máis recoñecidos do país. Estrela Galicia continúa sendo o seu principal patrocinador privado e aliado estratéxico, acompañando ao festival en cada logro e reforzando a súa proxección internacional.
Con esta proposta, Galicia reafírmase como un referente musical de primeiro nivel, ofrecendo ao público unha experiencia única que combina grandes nomes, artistas emerxentes e talento local, sempre nunha contorna que aposta pola sustentabilidade e a excelencia artística.
